EXAME1

Lembrade que o luns 25 de outobro temos o 1º exame.

Recoméndovos que repasedes os criterios de avaliación do T1, T2 e T3.

Resultados

Bueno, bueno, bueno!. Esperaba resultados mellores pero é un primeiro paso. Espero que sexa o "lapsus" do inicio de curso e dun xeito diferente de facer exames. Farei o comentario detallado un pouco máis tarde. Agora vos poño as notas:

Cristian - 4´12, Marta - 6´23, Javier C. - 6´8, Alejandra - 6´5, Quique - 4´1, Mateo - 7´5,

Javier G. - 6´23, Miguel - 3´4 (?), Julia - 6´7, Pepe - 7´2, Nuria - 4´25, Alba - 7, Ricardo - 4´77,

Almudena - 3´75, Borja 4´7.

Comentario

En xeral identificades e recoñecedes de xeito regular o material hereditario no seu contexto.
Si que tedes clara a importancia de Rosalyn Franklin pero non tanto o pale de Watson e Crick e sobre todo as repercusións do seu descubrimento .

Respecto ao ciclo celular tentáchedes entender o seu mecanismo de acción (como funciona, a que se debe que funcione) e a súa importancia, pero cun éxito regularciño.

A diferencia entre meiose e mitose está clara (excepto para Almudena). E o proceso de meiose está bastante claro (agás Cristian).

Si que tedes bastante clara a importancia da meiose, pero non así a da mitose.

Continuación do comentario

Non obstante agás Javier García, o resto non sei ben como logrades VER os cromosomas sexuais. Preguntaba COMO facíades para chegar a poder comparar os cromosomas.

Por último, a pesares de non ter moi claras as repercusións (aplicacións, implicacións) que pode ter a ferramenta da PCR ou a importancia do proxecto xenoma, si chegades a saber solucionar problemas de parentesco, asasinato.

--- PENSAR É O MELLOR PARA PODER APROBAR (ADEMAIS DE ESTUDAR) ---

Espero que estas notas se convertan en 2 puntos máis no seguinte exame.

No hay comentarios:

Publicar un comentario