Exposicion1. Xenética

NOTA: En vez de deixarme os textos e powerpoint/impress aquí a través dun comentaria, tedes habilitada a tarefa no curso de Xenética na Aula virtual do centro. Por aí é moito máis facil subir arquivos. Podedes subir ata 5 arquivos. Soamente hai que cargalos e xa está!

Comezamos as exposicións poñendo en práctica os nosos coñecementos de Xenética. Aínda que xa hai algunha xente que pensou o tema, outra parece que ten dúbidas, aquí vos deixo algunha posibilidades:

  • Estrutura das fibras de ADN na interfase e na división celular
  • O descubrimento do ADN e a súa importancia
  • Aplicación do coñecemento do ADN: a PCR, a proba de ADN e o Proxecto Xenoma Humano
  • Mitose vs. Meiose
  • Ciclo celular (xa collido)
  • Os telomeros (xa collido)
  • Os experimentos de Mendel e as súas leis
  • Herdanza ligada ao sexo
  • Enfermidades hereditarias
  • - As mutacións

As exposicións as faredes en grupo, pero cada membro deberá falar uns 5 minutos (hai que conectar o micrófono de cada vez, polo que 1º fala 1, logo outro e así). Debedes facer unha pequena presentación en PowerPoint/Impress (o do OpenOffice) e deberiades preparar o voso texto a falar. Tamén é bo practicar na casa para non exceder o tempo nin que quede moi curto.


Exposición:

Marta, Alejandra e Javier C - Telómeros

Javier G, Nuria e Cristian - Experimentos de Mendel

Alba, Miguel, Mateo - Descubrimento ADN

Quique, Julia, Borja - Aplicacións do coñecemento do ADN: proba de ADN, PCR, Proxecto Xenoma Humano

Pepe, Almudena, Ricardo - As mutacións.

A semana que vén faremos unha proba (avaliable) explicando problemas (nos que se inclúen as leis de Mendel) [semana do 22 de novembro]


No hay comentarios:

Publicar un comentario