U.D. 5: Xenética clásica 2- os xenes están nos cromosomas

A pesares de que Mendel non coñecía os cromosomas homólogos nin a meiose, foi capaz de producir as Leis da herdanza que hoxe en día teñen aplicacións en ámbitos tan diferentes coma a Medicina ou a agricultura.

Neste tema aprenderemos coma grazas aos descubrimentos de Mendel,aos descubrimentos doutros científicos e ao coñecemento da existencia de cromosomas sexuais permitiron, a outros membros da comunidade científica, localizar os xenes (dos factores hereditarios) nas células. 

Esta sinxela teoría é a chamada teoría cromosómica da herdanza. A súa confirmación tamén abriu o camiño para o estudo da herdanza ligada ao sexo e outras posibilidades de herdanza de caracteres.   

Neste tema tedes que ter ben claro os coñecementos previos da meiose e dos cromosomas homólogos.

Páxinas do libro: 106 - 107; exercicios: 112-113, enfermidades xenéticas: 114 - 115.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario