A.3.: Os xenes e a altura

Moitos estiveches a preguntar por diferentes caracteres, que como era posible a súa herdanza, que se inflúe un so xene ou varios, que se existirá alelismo múltiple... . Xa ides empleando con certo tino a nomenclatura (palabrería) típica do eido da Xenética así que penso que sodes capaces de entender audios relacionados con este tema. Por iso, na Aula virtual tedes a vosa disposición 10 preguntas relacionadas co audio "Os xenes e a altura", que nos dan algunhas pistas de porque os fillos desta xeración, en xeral, sodes máis altos cos vosos pais.

É unha actividade obligatoria e avaliable, cunha soa tentativa, así que poñedes os oídos a funcionar.

Tedes ata o día 12 para realizala

No hay comentarios:

Publicar un comentario