Bioloxía - Xeoloxía - 4º E.S.O
Chus Mourazos. CPI Conde de Fenosa. Blog provisional.
EXAME TTP
Se quitamos esas 3 preguntas os exames están bastante ben. Tédeo en conta para o seguinte exame. Ninguén aproba sen saber diferenciar os elementos da TTP, o mecanismo proposto que a fai funcionar e o ciclo de Wilson. Ollo
NOTAS: Javier C, Marta, Alejandra - 5; Quique - 3,7 ; Mateo - 6,12; Julia - 5; Miguel - 3,7; Pepe - 5; Nuria - 4, Alba - 3,75; Ricardo - 5, Almudena - 3 ; Borja - 4
Insisto, aínda que as notas son baixas vese unha melloría xeral nas contestación (Marta, Almudena, Borja, Miguel) e están bastante ben os exames de Ricardo e Pepe. Coma sempre Alejandra, á que se lle nota pouco estudo, razoa moi ben. Mateo é o único que salva un pouco a plana, grazas a pregunta completa. Agora a poñerse a estudar e ter claro os conceptos. Se no ultimo exame, no apartado da 3ª hai notas considerablemente mellores póñovos esa nota.
INSTITUTO DE BIOMEDICINA
AS ENQUISAS DA VISITA
EXAME 4
16 - 2 - 2011 - EXAME 4 - EVOLUCIÓN E ECOLOXÍA
Ben, teño que dicirvos, así de primeiras, que algúns de vós non debedes deixar para o último día o estudo, non é posible asimilar as ideas dúas horas antes do exame. É inaudito que moitos de vós non souberades poñer un biotopo ou describir a biocenose do ecosistema!!!!.
Déixovos as notas e logo poñerei o comentario, moi recomendable.
Cristian - 4.5 , J.Cendán - 6, Marta - 4.5, Alejandra - 7, Quique - 6, J. García - 5.5, Mateo - 6, Julia - 6.5, Miguel - 3, Pepe - 7.5, Nuria - 4, Alba - 5, Ricardo - 6,5
Ademais fareivos unha proposta o luns.
COMENTARIO
- Lembrade que na pregunta de Evolución debedes incluír no voso comentario as seguintes palabras claves - e que teña sentido, claro - Mutacións ao azar na liña xerminal, fenotipo (+ experimento para alelos), loita pola supervivencia (explicación), selección natural, máis descendencia, ao cabo de moitas xeracións, poboación, cambio na composición xenética das poboacións.
- No primeiro apartado da pregunta 2, no que tiñades que comparar dúas gráficas de límites de tolerancia dun factor abiótico deberíades de ter introducido as seguintes palabras: Zona óptima + os datos (ollo aquí algúns de vós), límite de tolerancia (comparación das gráficas), especie xeralista/especialista para ese factor, factor abiótico.
- Na pregunta da diferencia entre as gráficas exponecial e logarítmica, cando contestades o de esgotamento de recursos, que é correcto, debedes explicar (inventar) porque se agotan eses recursos.
- Na pregunta "que pode acabar co solo", moitos contestades un incendio, pero, pensade nas sucesións secundarias .
- Visto o visto co de biotopo/biocenose, poñerei, calquera día algún control de conceptos básicos para definir (coas vosas palabras)
- Na pregunta das abellas, moitos comezades a contestar bastante ben, "son básicas para a polinización das plantas", pero tedes que enlazar iso que sabedes coa importancia que ten para a humanidade.
7. Por último, na pregunta 5 varias cosas:
. Moitos confundides poboación e comunidade (iso é por falta de estudo) .
.Moitos tedes un problema coa palabra CONSECUENCIAS, confundídela coa palabra CAUSA. Moito coidado J. Cendán e Pepe tedes mal a pregunta por iso.
. Ninguén mencionou en todo o exame o concepto resistencia ambiental.
. Ollo a estratexia reprodutiva dunha especie sempre, en xeral, é a mesma; por exemplo os seres humanos somos estrategas da K, de repente non nos imos a poñer a ter centos de fillos e convertirnos en estrategas da r .
. Ollo, riqueza é diferente a homoxeneidade (isto é de estudo)
. Tasa, non taxa
CONCLUSIÓN
Penso que, a pesares da dificultade de ter que pensar, faltou algo de estudo.
Esperemos que saia mellor a seguinte vez.
EXAME2
15/12/2010
Resultados
Noraboa, en xeral!. Como vedes non era para tanto o dos problemas, excepto algunha excepción (ollo Marta, Alejandra) o resto entendédelos e seguides o procedemento adecuado. Eso si, á hora de deseñar un experimento, menos Ricardo un pouquiño O RESTO NON O FACEDES, así como (excepto Javier C) non explicades as leis de Mendel co exemplo, so as citades, e ben. Farei o comentario detallado máis tarde.
Felicitar especialmente a Julia, Nuria e Alba e un desastre Cristian e Borja.
Cristian - 0,73, Javier C. - 6´5 Marta - 4,37 , Alejandra - 5´85, Quique - 5´57, Mateo - 6,6,
Javier G. - F, Miguel - 3´2, Julia - 8,22, Pepe - 7´2, Nuria - 7, Alba - 7,65, Ricardo - 4´7,
Almudena - 4,1, Borja 2´9.
VISIONADO DE EXAMES: XOVES 2º RECREO
Paso polo departamento: Miguel, Marta e Alejandra, Cristian e Borja.
Tedes as notas de avaliación provisionais na aula virtual. Abro outra vez as actividades de Quen e quen e Xenes e altura, para que os que estades sinalados en amarelo nesas actividades as realicedes. Tedes ata o venres. Se non as facedes teredes as notas que están aí postas (ollo Nuria). Sei que hai problema de acceso ás veces, polo que avisádeme se iso sucedera para ampliarvos o plazo (ollo, que eu tamén entro todas as tardes)
Para os que non tedes que facer as actividades as notas de avaliación son válidas.
U.D.7:AS MUTACIÓNS
Os caracteres biolóxicos son herdables e transmítense á descendencia por medio dos xenes. Normalmente os caracteres mostras varias alternativas (ollos verdes, azuis, marróns...) igualmente herdables. As formas alternativas dun xene coñecémolas co nome de alelos e a súa posición no cromosoma denomínase locus (loci en plural). Os alelos son xeralmente estable e é o que fai que os fillos se parezan aos pais e as características biolóxicas se transmitan de xeración en xeración. Non obstante os seres vivos teñen a tendencia inherente a sufrir cambios herdables que non xurden da recombinación xenética na meiose. Son as MUTACIÓNS. GRAZAS A ELAS PRODÚCESE A EVOLUCIÓN DOS SERES VIVOS; SE OS CARACTERES BIOLÓXICOS FORAN INMUTABLES, OS SERES VIVOS ACTUAIS SERÍAN SEMELLANTES AOS DE FAI 4000 MILLÓNS DE ANOS.
ESTE TEMA ENLAZA CO TEMA DA "EVOLUCIÓN".
Embaixo deixo unha presentación con exemplos dos distintos tipos de aberracións cromosómicas e aneuploidías. É conveniente velo, pois quedan máis claros os efectos das mutacións.
Ademais, por se non queda claro o proceso de mutación enlazo a estas dúas animacións de McGraw-Hill que nos explican como se producen as mutacións xénicas
Como se producen as substitucións non ADN
Como se producen as insercións e deleccións no ADN
Por último, se alguén quere comezar a experimentar as consecuencias evolutivas das mutacións aquí tedes un xogo que da que pensar...